Home

| | | | | |



 
Catedral de Santiago

Galiza

 

 

 

 

 

 


 

 

 

Bacalao "á nosa abó"
Restaurante La Entrimeña

Ingredientes:
(aprox. para 4 ou 6 persoas)

  • 2 anacos por persona
  • patacas
  • fariña
  • touciño entrefebrado
  • aceite de oliva
  • allo, cebola, perexil, pemento verde e vermello, tomate
  • vinagre, "Tio Pepe" ou similar, whiski, coñac, vinho branco
  • talladas de ovo cocido
  • tiras de pemento de piquillo e oliva negras

Preparación:

Numa tarteira de barro, untamos o fondo con pingo natural e colocamos patacas en talladas finas, xa douradas, (salgamos pouco); mesturámoslle lasquiñas de touciño entrefebrado moi finas e allo picado fino, poñendo a lume manso.
Agregamos o bacallao rebozado en fariña e dourado; engadímoslle por riba un pouco de aceite de oliva virxe, un pouco de "Tio Pepe" ou similar, e deixámolo a lume manso 10 minutos.
No aceite no que douramos o bacallao e a lume manso, botamos a cebola moi fina e dourámolla un pouco; engadimos un pemento verde e outro vermello, cortados moi finos e un pouco de tomate. Témolo 10 minutos a cocer.
Agregamos un chorro de vinagre e outro de whiski, coñac e viño branco, perexil picado, removemos e botamos esta salsa enriba do bacallao.
Forneamos 10 minutos e servimos adornado con talladas de ovo cocido, tiras de pemento de piquillo e olivas negras.
 

fonte: Livro "Toda unha vida"
de Miguel Angel Castro Carpintero e Niza Romero Areán
, gentilmente cedido pelo Concello de Lalín.

voltar ao índice GALIZA

 


- -

Copyright © 2001 Arte Digital, Lda. Todos os direitos reservados.

Roteiro Gastronómico de Portugal