Home

| | | | | |



 
Catedral de Santiago

Galiza

 

 

 

 

 

 


 

 

 

Patas de ternera estofadas
Restaurante La Entrimeña

Ingredientes:
(aprox. para 6 persoas)

  • 6 patas de ternera
  • auga
  • allo, cebola, loureiro, perexil
  • vinagre
  • sal, pementa, guindillas
  • pementos asados
  • fariña
  • viño seco, coñac, whiski
  • cachelos

Preparación:

As patas de terneira moi limpas e chamuscadas, cocémolas ata estaren tenras, en auga con allo, cebola, loureiro, gotas de vinagre, pementa e sal.
Escorrémolas, secámolas e rebozámolas en fariña, dándolle unha fritura nunha tixola.
Facemos unha salsa con cebola e pementos naturais picados, engadimos a auga de cocer as patas, salpicamos con vinagre e viño seco, 3 ou 4 guindillas, coñac, whiski e metémolas nesta salsa ben cubertas, cociñandose de 15 a 20 minutos
Colocámolas nunha tarteira de barro e metémolas ó forno, mesturándolle unha pouca desta salsa pasada polo batedor.
Srvimos con cachelos adornados con perexil picadiño e tiras de pementos asados.
 

fonte: Livro "Toda unha vida"
de Miguel Angel Castro Carpintero e Niza Romero Areán
, gentilmente cedido pelo Concello de Lalín.

voltar ao índice GALIZA

 


- -

Copyright © 2001 Arte Digital, Lda. Todos os direitos reservados.

Roteiro Gastronómico de Portugal