Home

| | | | | |



 
Catedral de Santiago

Galiza

 

 

 

 

 

 


 

 

 

Pulbo con repolo
Restaurante El Hórreo

Ingredientes:
(aprox. para 6 persoas)

  • 1 polbo grande, de 2 quilos aproximadamente
  • 1 repolo
  • 1 kg. patacas
  • 1 pemento vermelho
  • 3 ovos cocidos

Para a allada:

  • 2 dentes de allo
  • aceite de oliva
  • 1 cebola
  • 1 pemento vermelho
  • 1 culleradiña de pemento doce
  • 1 chorriño de vinagre

Preparación:

Cocemos o polbo e reservamos.
Nun pouco de auga de cocer o polbo, mesturada con auga limpa e un pouco de unto cocemos o repolo.
Ó que estea medio bradiño engadimos as patacas.
Ó estaren as patacas cocidas botamos o polbo picado en talladas para que quente. Cando recupere a temperatura escorremos a auga.
Facemos a allada. Unha vez feita, botamos opor riba do repolo co polbo e adornamos con ovos cocidos.
 

fonte: Livro "Toda unha vida"
de Miguel Angel Castro Carpintero e Niza Romero Areán
, gentilmente cedido pelo Concello de Lalín.

voltar ao índice GALIZA

 


- -

Copyright © 2001 Arte Digital, Lda. Todos os direitos reservados.

Roteiro Gastronómico de Portugal