Home

| | | | | |



 
Catedral de Santiago

Galiza

 

 

 

 

 

 


 

 

 

Guiso de Pescados variados
(rodaballo, raia e rape)
Restaurante Sobreira

Ingredientes:
(aprox. para 4 persoas)

  • 1 toro de rodaballo, raia e peixe sapo por ración
  • 2 cebolas
  • medio pemento verde e medio vermello
  • 1 cullerada chea de perexil
  • un chisco de ourego
  • 1 papel de azafrán
  • 1/2 vaso de viño branco
  • 1 vaso e medio de aceite
  • unhas pataquiñas (cocelas á parte)


Preparación
:

Poñemos nunha pota unha cebola picada, un pouco de perexil, follas de ourego (fresco, se se ten, se é do outro no fondo da pota e por riba), pemento doce, dúas culleradas de aceite, un pouco de pemento verde e vermello.
Asentamos o peixe cortado e cun pouco de sal.
Por riba tapámolo, tamén cun pouco de cebola picada, un pouco de perexil, follas de ourego, pemento doce, un pouco de aceite, un papel de azafrán (todo en cantidade un pouco maior que por debaixo) medio vaso de viño branco, e o resto de pemento verde e vermello (cortado en aros).
Poñemos ó lume e tapamos.
Deixamos ata que o peixe se faga.
 

fonte: Livro "Toda unha vida"
de Miguel Angel Castro Carpintero e Niza Romero Areán
, gentilmente cedido pelo Concello de Lalín.

voltar ao índice GALIZA

 


- -

Copyright © 2001 Arte Digital, Lda. Todos os direitos reservados.

Roteiro Gastronómico de Portugal