Lubina
en Salsa de Setas
e Colas de Cigalas
Restaurante Mesón
da Pedreira
Ingredientes:
(para 4 persoas)
- 4
lombos de 200 gr. de robaliza (lubina)
-
400 gr. de cigalas
-
150 gr. de cogumelos
- 4
dentes de allo
- 2
cebolas
- 1
allo porro
- 8
dl. de aceite de oliva
- 1
copa de brandi
- 1
copa de xerez
- 1
cullerada de maicena
- 1
copa de viño branco
-
caldo de peixe
-
patacas
Preparación:
Pasamos
os cogumelos coa manteiga e unha gota de aceite de oliva e
reservamos.
Rustrimos a lume manso a cebola, o allo, e o allo porro, sen a
folla verde.
Engadimos un pouco de caldo de peixe e deixamos ferver durante
45 minutos.
Axudándonos do batedor pasamos polo "chino" ou por un coador.
Agregamos o xerez, o viño branco, o brandi e a cullerada de
maicena, cocemos durante 3 minutos e reservamos.
Rustrimos lixeiramente as colas das cigalas debidamente peladas.
No mesmo aceite moi quente douramos douramos duarnte un minuto
os lomos da robaliza rebozados na fariña.
Unha vez dourados e limpos de todo o resto de aceite
introducímolos na salsa e engadimos os cogumelos que temos
reservados, deixámolos cocer por espacio de 4 minutos.
Servimos e acompañamos con patacas inglesas.
fonte:
Livro "Toda unha vida"
de Miguel Angel Castro Carpintero e Niza Romero Areán,
gentilmente cedido pelo Concello de Lalín.
voltar ao índice GALIZA
|