Home

| | | | | |



 
Catedral de Santiago

Galiza

 

 

 

 

 

 


 

 

 

Rollo de Carne Mechada
Restaurante Mogay

Ingredientes:
(aprox. para 4 persoas)

  • 1 Kg. de carne (da tapa das costas)
  • 2 ovos cocidos
  • 1 pemento morrón cortado en tiras
  • tiras de xamón

Preparación:

Adobamos a carne con allo, perexil, sal e aceite.
Estendemos sobre a mesa (canto máis cadrado sexa o anaco de carne, melhor) e recheamos com xámon, pemento e ovos cocidos.
Envolvemos todo e cosemos facendo un rolo, (xa que se non se ata pode desfacerse).
Dámoslle unha volta cun cordón para atalo ben, cara a un lado e cara ó outro.
Douramos en aceite; ó estar dourado, engadimos viño branco e cebola, incluso un pouquiño de perexil.
Facemos a lume manso, durante unhas dúas horas.
Pódese servir nun prato de rolos surtido.
 

fonte: Livro "Toda unha vida"
de Miguel Angel Castro Carpintero e Niza Romero Areán
, gentilmente cedido pelo Concello de Lalín.



voltar ao índice GALIZA

 


- -

Copyright © 2001 Arte Digital, Lda. Todos os direitos reservados.

Roteiro Gastronómico de Portugal