Home

| | | | | |



 
Catedral de Santiago

Galiza

 

 

 

 

 

 


 

 

 

Revolto á Entrimeña
Restaurante La Entrimeña

Ingredientes:
(aprox. para 10 persoas)

  • 3 mañizas de grelos
  • aceite de oliva
  • allo, xamón, touciño entrefebrado
  • vieiras
  • gambas
  • ovos caseiros

Preparación:

Cocemos os grelos durante 15 minutos en auga de cocer carne ou cun pouco unto.
Retiramos e escorremos.
Poñemos aceite de oliva, allo, un pouco de xámon e touciño entrefebrado, picado en tamaño regular, rustrimos, arredamos do lume e deixamos esfriar.
Poñemos ó lume, nunha tarteira de barro, aceite de oliva virxe, ó estar moi quente engadimos allo picado, deixamos ata dourar un pouco, mesturámoslle vieiras en rebandas, gambas escascadas e un pouquiño de xámon picadiño. Dámoslle unhas voltas e botámoslle os grelos, mesturando ben todo.
Engadimos unha ducia de ovos caseiros pouco batidos, agregamos o rustrido, revolvemos todo e servimos na mesma cazola adornando con triángulos de pan frito.
 

fonte: Livro "Toda unha vida"
de Miguel Angel Castro Carpintero e Niza Romero Areán
, gentilmente cedido pelo Concello de Lalín.



voltar ao índice GALIZA

 


- -

Copyright © 2001 Arte Digital, Lda. Todos os direitos reservados.

Roteiro Gastronómico de Portugal