Home

| | | | | |



 
Catedral de Santiago

Galiza

 

 

 

 

 

 


 

 

 

Tarte queimada ó aguardante de Monterrei
Restaurante El Gallego

Ingredientes para a crema:
(aprox. para 4 persoas)

  • 1 l. de leite
  • 250 gr. de azucre
  • 80 gr. de maicena
  • 4 xemas de ovo
  • monda dun limón


Preparación
:

Nunha cazola poñemos ó lume o leite coa monda do limón.
Nun cazo á parte batemos as xemas coa maicena.
Cando comece a ferver o leite engadimos e mesturamos as xemas ata que quede máis ou menos consistente a crema.
Deixamos enfriar e gardamos ó frío.

Ingredientes para a nata montada:

  • 1 l. de nata
  • 200 gr. de azucre

Preparación:

Montamos e gardamos ó frío

Ingredientes para a tarta:

  • 200 gr. de biscoitos de soleta (soletilla)
  • 100 gr. de azucre
  • 1 copa de viño do Porto

Preparación:

Facemos un xarope con auga,azucre e o viño do Porto.
Emborrachamos os biscoitos. Deixamos enfriar.
Montamos num recipiente, proprio para tarta, como base os biscoitos borrachos, e seguidamente cunha espátula de madeira estendemos por riba a nata montada.
De seguido, poñeremos unha capa de crema pasteleira igualmente ben estendida coa espátula e do mesmo grosor que a capa da nata.
Salferimos o azucre por riba e queimámolo pouco a pouco co queimador ( ferro ou prancha) que teremos xa a punto.
Deixamos enfriar ben.
No momento de servir deitamos a auguardente quente por riba e queimamos.
 

fonte: Livro "Toda unha vida"
de Miguel Angel Castro Carpintero e Niza Romero Areán
, gentilmente cedido pelo Concello de Lalín.



voltar ao índice GALIZA

 


- -

Copyright © 2001 Arte Digital, Lda. Todos os direitos reservados.

Roteiro Gastronómico de Portugal